top of page

8 Km no corazón, con iste nome quedaba “bautizada” a 1º edición da proba que se celebrou o 20 de abril do ano 2013 en Chantada, no corazón de Galiza.

A carreira, organizada polo Clube Deportivo Atletismo Chantada e a Concellería de deportes,  tiña a súa saída na Praza de España, ( Cantón), e percorría as rúas e paraxes máis emblemáticos da vila configurando un trazado de dificultade media/baixa e deseñado pra que calquer atleta popular poidera disfrutar deste deporte.

Os vencedores da 1º edición desta carreira foron Ricardo Vázquez Vaamonde en categoría masculina, e Verónica Mon en feminina, os dous pertencentes ó clube lalinense Escola Atletismo Deza.

 

Paralelamente á esta proba tiñan lugar outras tres con percorridos de 100, 500 e 2500m. aproximadamente, son carreiras de carácter participativo e teñen como obxetivo fomentar o deporte entre os máis cativos e dar cabida ós xóvenes atletas que xa compiten en categorías inferiores.

En 2017 a proba central muda o trazado pasando dos 8000m a 10.000m, cun percorrido moi rápido e prácticamente chan, as probas para menores tamén mudan os seus trazados.

bottom of page